• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Nelson Quinteiro

Músicas de raíz e xogo de latitudes. Vibrante, evocador, tradicional e moderno. Pezas de grande sensibilidade galega e universal.

Musicalmente activo desde 1997, Nelson Quinteiro é percusionista, pandereteiro e sobre todo vocalista, cantareiro e arranxista de interesantes propostas de canto tradicional.

En 2007 entra en contacto co mundo dos pedais de loop e delay, chegando a unha innovadora proposta polifónica en directo arredor da música de tradición oral galega coa que pon en marcha espectáculos e bandas sonoras para espectáculos de danza tradicional-contemporánea. En 2014 publica o seu primeiro disco, "Orquesta Gharbo!", que acada increíbles críticas da prensa especializada e se presenta en recipientes escénicos tan relevantes como o Teatro Colón (A Coruña).

Desde 2017 se acompaña de Brais González (piano) e Blas Castañer (percusión), membros de Caspervek Trío, cos que xirou en espazos singulares como o Hiru Arteta (Urrugne-País Vasco Francés) ou Músicas ao Natural en Viveiros O Piñeiro.

Co disco “Músicas de Domingo” (2019) consigue un directo de grande calidade e moi emocionante. Pezas que conmoven e que fan viaxar na butaca; un xogo de latitudes pensado para sala, teatro, salón, auditorio, praza, museo, espazo non convencional en calquera parte do mundo, co engadido do noso piano de cola. Unha tarxeta de visita da música galega cunha factura impecable.

Contratación

Nelson Quinteiro Produción
Nelson Quinteiro Roa
(+34) 647647404 - (+34) 986770329
nelson.quinteiro@gmail.com

Discografía

Músicas de Domingo

NELSON QUINTEIRO, BRAIS GONZÁLEZ

2019, Inquedanzas Sonoras

Orquesta Gharbo!

NELSON QUINTEIRO

2014, Inquedanzas Sonoras

Vídeos

Xota do Norte

NELSON QUINTEIRO & BRAIS GONZÁLEZ

Nun Bou

NELSON QUINTEIRO & BRAIS GONZÁLEZ

O PAXARO Making Sounds by Dani López

NELSON QUINTEIRO, BRAIS GONZÁLEZ

GHARBO! Making OFF

NELSON QUINTEIRO

Nelson Quinteiro presenta no programa Zig Zag (TVG) o disco

NELSON QUINTEIRO

Canto de Andar o Camiño

NELSON QUINTEIRO

Tal vez tamén che gusten