GalicianTunes

Accesibilidade

Símbolo que indica contenido XHTML 1.0 Strict válido Símbolo que indica el uso de hojas de estilo CSS2 válidasSímbolo que indica contenido web conforme el nivel A de la recomendación de accesibilidad web del W3C

A Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Xunta de Galicia -responsábel do portal Galician Tunes- procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais desta web sexan independentes dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A Unión Europea, na resolución do Consello de 25 de marzo de 2002, anima aos Estados membros a ter en conta a necesidade de que os contidos dixitais sexan accesibles e, seguindo esta recomendación, a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, dispón que as Administracións Públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas páxinas de Internet sexa accesible a persoas con discapacidade e de idade avanzada, de acordo cos criterios de accesibilidade aos contidos xeralmente recoñecidos, antes do 31 de decembro de 2005.

En coherencia con este obxectivo, o deseño da web de Galician Tunes realizouse tendo en conta as recomendacións de accesibilidade para o primeiro nivel de prioridade das directrices WAI do W3C.


Consellería de Cultura e Deporte
Agadic
Agadic