GalicianTunes

Accións

BAFIM, a música galega dá o salto a Iberoamérica

DO 19 AO 22 DE NOVEMBRO

BAFIM, a música galega dá o salto a Iberoamérica

A música galega dá un novo paso cara á súa entrada no mercado iberoamericano a través da súa participación por vez primeira en BAFIM. Á feira, que se desenvolverá entre o 19 e o 22 de novembro, acudirán cinco empresas (EsmerArte Servicios Artísticos, Keltia Producións, Nordesía, Ouvirmos e Lonxa Cultural) e as asociacións AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) e Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas. A delegación galega -que viaxa co respaldo da Consellería de Cultura e Turismo, a través da AGADIC- contará cun stand propio neste importante encontro internacional. Co gallo de dar a coñecer a música galega, distribuirase entre os profesionais acreditados en BAFIM un CD no que se inclúe unha selección de temas interpretados por diversos artistas. Podes escoitalos en liña aquí.


Womex 2009, a música galega a Copenhague

DO 28 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO

Womex 2009, a música galega a Copenhague

O vindeiro 28 de outubro a capital dinamarquesa colle o relevo de Sevilla como sede de Womex, o encontro de maior relevancia para as músicas de raíz de todo o mundo. A nosa música, por terceiro ano consecutivo, estará presente de novo neste evento grazas á participación das principais empresas do sector. Ademais, entre as iniciativas e estratexias que a delegación galega trasladará a Copenhague para vender a música galega no estranxeiro distribuirase un cd cunha selección de temas dos nosos mellores grupos e solistas e unha guía dos festivais e ciclos musicais máis destacados.


Womex 2008

SEVILLA, DO 29 DE OUTUBRO AO 2 DE NOVEMBRO

Womex 2008

Galicia participará por segundo ano consecutivo en Womex, pero desta vez faino dunha maneira especial. GalicianTunes viaxa a Sevilla baixo o distintivo de 'Special Focus', o que converte Galicia no único país que colocará tres dos seus artistas sobre os escenarios do evento: Narf, Budiño e Mutenrohi. Do 29 de outubro ao 2 de novembro, a nosa música de raíz é protagonista mundial.



MIDEM 2009

O mercado musical internacional ten en Midem unha das citas fundamentais do ano. A feira celébrase agora en Cannes coa idea de superar os excelentes datos de participación da edición pasada: máis de 9.000 participantes, 4.500 empresas e 2.200 expositores tomaron parte en Midem 2008.



| 1


Consellería de Cultura e Deporte
Agadic
Agadic