Uxía e Berrogüetto en Atlantic Waves
[12/11/08] Por primeira vez na súa historia, Galicia estivo representada no festival "Atlantic Waves", un escaparate da música lusófona no mercado anglosaxón. Os artistas que representaron o noso país dentro de tal cita son a cantante Uxía e o grupo Berrogüeto. As súas actuacións, apoiadas pola Consellaría de Cultura e Deporte, tiveron lugar no Bush Hall de Londres o 4 de novembro.
A presenza galega neste evento supón a incursión do noso folk nun mercado novo, o anglosaxón. Unha experiencia diferente, xa que a actuación de mañá en Londres supón una nova vía de promoción para os nosos artistas máis alá dos circuítos de música celta onde Galicia é un convidado imprescindible.
Tras catorce anos de historia o Atlantic Waves, organizado pola Fundación Gulbenkian, convida artistas galegos a expoñer as súas creacións no mesmo foro ca os músicos portugueses e lusófonos.