GalicianTunes

Noticias

PRETO DE 4.000 ASISTENTES AOS CONCERTOS DA DELEGACIÓN GALEGA

A música galega pecha con éxito a súa primeira participación na Feira Internacional da Música de Bos Aires (BAFIM)

[23/11/09] A participación de Galicia na BAFIM (Buenos Aires Feria Internacional de la Música) concluíu onte cun primeiro balance moi positivo tanto no que se refire á gran acollida dos concertos programados como aos novos contactos establecidos polas empresas galegas cara a próximas accións comerciais en Latinoamérica. Carlos Núñez, Xoel López e Vestuta Morla, Uxía e Alô Irmao (Fran Pérez "Narf" e Manecas Costa) reuniron preto de 4.000 persoas nas catro actuacións celebradas a pasada semana en diferentes teatros e salas de Bos Aires como parte dunha programación especial que foi publicitada en toda a cidade baixo a marca Galician Tunes.



A música galega achega diferentes propostas á programación do Cultur.gal

DO 4 AO 7 DE DECEMBRO NO PALEXCO DA CORUÑA

A música galega achega diferentes propostas á programación do Cultur.gal

[05/12/08] A través das súas asociacións, AGAPHONO e AGEM, e en colaboración coa AGADIC, a Consellaría de Cultura e a Dirección Xeral de Xuventude a música galega e a súa industria estarán presentes na programación do Cultur.gal coas II Xornadas da Industria Musical Galega e o espectáculo Music.gal, así como cunha serie de concertos exclusivos para os programadores.



ABRIU AO PÚBLICO O STAND DE GALICIAN TUNES

Principia en Bos Aires a actividade musical galega despregada con motivo da BAFIM

[20/11/09] A delegación galega desprazada a Bos Aires con motivo da Feria Internacional de la Música (BAFIM) iniciou a súa actividade de promoción musical mediante a súa instalación cun stand propio no recinto feiral de Costa Salguero e a celebración con gran éxito dos primeiros concertos, a cargo de Carlos Núñez, Xoel López e Vetusta Morla, en distintos escenarios da cidade.



Uxía e Berrogüetto en Atlantic Waves

[12/11/08] Por primeira vez na súa historia, Galicia estivo representada no festival "Atlantic Waves", un escaparate da música lusófona no mercado anglosaxón. Os artistas que representaron o noso país dentro de tal cita son a cantante Uxía e o grupo Berrogüeto. As súas actuacións, apoiadas pola Consellaría de Cultura e Deporte, tiveron lugar no Bush Hall de Londres o 4 de novembro.



| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Seguintes

Próximas accións

DO 19 AO 22 DE NOVEMBRO

BAFIM, a música galega dá o salto a Iberoamérica

DO 28 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO

Womex 2009, a música galega a Copenhague

SEVILLA, DO 29 DE OUTUBRO AO 2 DE NOVEMBRO

Womex 2008

MIDEM 2009




Consellería de Cultura e Deporte
Agadic
Agadic