• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Miguel Flores Trío

O guitarrista gaditano Miguel Flores ofreceranos unha selección das súas mellores composicións, nas que plasma a súa visión persoal da guitarra flamenca contemporánea.

Para este proxecto conta coa colaboración de Pablo Pérez ao contrabaixo e Carlos Freire á percusión, que contribúen coa súa experiencia e versatilidade á creación dun son tan ecléctico como profundo.

O trío leva dous anos dando forma a un repertorio orixinal que inclúe soleares, tarantas, tanguillos e bulerías, ao que se suman temas de Carles Benavent ou Renaud García-Fons.

Belyounech, idílica aldea marroquí e título deste primeiro traballo, transpórtanos ás paisaxes do norte de África, onde o músico residiu durante a súa infancia e descubriu a súa paixón pola música.

Contratación

Merlo Branco Producións
Montse Rivera
(+34) 981 807 642 - +34 615 40 00 50

Vídeos

Entrevista

MIGUEL FLORES TRÍO

Bulerías

MIGUEL FLORES TRÍO

Alegrías

MIGUEL FLORES TRÍO

Tal vez tamén che gusten