Vídeos
Arrolo de Cumieira
CALDO
'Arrolo de Cumieira' é o último lanzamento de Caldo, baseado no ‘Cantar de berce de Cumieira (As Neves)’, recollido por Xisco Feijoo á informante Argentina Martínez (1936). A informante contaba que nos tempos de fame, na posguerra, cando ela e as súas irmás estaban solas co pai na casa e lle pedían de comer, el cantáballes o retrouso deste arrolo que di así: No está aquí mamá, no está aquí no, no, No está aquí mamá, solita estoy yo.O vídeo é unha idea orixinal de Bea Saiáns, realizadora audiovisual do Val Miñor. Neste traballo de estética neotradicional, a directora constrúe a narrativa baseándose elementos simbólixos das 3 xeracions principais ás que o vídeo trata de achegarse (xeración Z, X e Millennial). Idea orixinal e dirección: Bea SaiánsCámara e montaxe: Diego Bea Besada Produtora executiva: Anaïs BarbierAxudante de realización: Paulo Bouzas Axudante de iluminación e script: Raquel RiveiroAxudante de iluminación e making off: Aida TorradoDirección de actrices e actores: Marcia VázquezVestiario: Marina CarpenteAxudante de vestiario e dirección de actrices e actores: Petra PorterLocalizacións: Olalla RaposoCoreografía: Manolo CobasBailadoras e bailadores da AC Lembranzas da Ría: Sofía, Mara, Dora, Alejandro, Ana, Brais, Gabriel, Ángela, Nerea, Iris, Nerea M e DesiréGravación de audio: Diego BeaMestura e masterización: José TrincadoInterpretado e arranxado por Caldo
Máis vídeos de CALDO