• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Burato

PEÑA

Vinte estreou en exclusiva "Burato", o primeiro single do que foi tamén o primeiro álbum de Peña, 'Carreiro', despois de conquistarnos con aquel EP de tres cancións titulado 'Fórmula'. A banda formada por Toño Magariños (diola, Unicornibot), Rubén Abad (Cró!, Trilitrate) e Elena Vázquez (Trilitrate) presentou neste disco un corpo de cancións exquisito, que casa sinxeleza con idiosincrasia e valentía formal.

O vídeo de 'Burato', unha canción protagonizada por órganos, voces e silencios, é de Rubén Domínguez e así o explica el: «quixen traballar sobre o refuxio e a memoria e como ambas parecen tecer alianzas e descubrir crebas. No espazo físico que constrúe a canción hai silencios, rito e confesións; intimidade e coidados, pero tamén nubes que non parecen ser pasaxeiras, nunha atmosfera onírica. Hai unha esperanza dalgo e un consolo, mais tamén unha ameaza que se proxecta con intermitencias». 'Carreiro' publicouse o 23 de abril de 2021 en vinilo, CD, casete e nas plataformas dixitais, da man do selo Repetidor.

Música e gravación: Peña (Toño Magariños, Rubén Abad e Elena Vázquez)
Mestura: Xavier Muñoz
Masterización: Rafa Martínez del Pozo
Realización: Rubén Domínguez
Aparecen: Laura Domínguez e Doa Ocampo

Máis vídeos de Peña

Fórmula

PEÑA

Fai o que queiras

PEÑA

Ensíname

PEÑA