• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Canción perfecta

ANXO ARAÚJO

Videoclip de "Canción perfecta" de Anxo Araújo, tema que abre o seu disco "Plan de urbanismo para un novo couto mixto" (2021).

Dirección e montaxe: A Carrinha Vermelha (2021).

CANCIÓN PERFECTA
Buscando a canción perfecta,
o himno pop que sexa un pedazo de nós.
Un soño contado nesa canción perfecta,
o hit dunha nova era,
dun novo mundo ao meu redor,
un tema de cabeceira para este amor
sen ser outro charramangueiro máis.

Buscando a canción perfecta
coa música correcta,
un novo xiro de guión
que faga que todo pareza que é máis amábel,
máis por favor,
que todo pareza que é moito mellor.

Poñeremos toda a intención na canción perfecta.

Buscando a canción perfecta,
o himno pop que sexa un pedazo de nós.
Un soño contado nesa canción perfecta,
un novo mundo ao meu redor
que é moito mellor.

Máis vídeos de Anxo Araújo

Os días felices

ANXO ARAÚJO

Esta noite de san Xoán

ANXO ARAÚJO

Por que tivemos que discutir?

ANXO ARAÚJO