• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Keep on Moving

GREY CITY FUNK

Keep on moving é unha canción orixinal única, unha mestura entre rock progresivo e funk onde as partes que conforman a estrutura da canción non se repiten ao longo dela.

Un novo concepto de ver a música onde non hai verso nin coro senón que cada parte vai enlazada unha tras outra, fluíndo e avanzando continuamente sen repeticións ata o final da obra.

É como unha mini obra clásica. Ten unha obertura cun riff con tinte setentero, logo un pre-coro onde se desenvolve este riff, logo enlaza cun cambio de harmonía cunha base rítmica funky na que sería a parte central que serve de ponte para o movemento final.

Máis vídeos de Grey City Funk

Soul Out

GREY CITY FUNK