Vídeos
Desacougo
GALKAN
Desacougo, Audio OficialTema incluído no álbum “Pelerinaxes”Música e letra: GalkanPercusión: Eloi PascualGravación e mestura: Eloi PascualMasterización: Abrigueiro EstudiosDeseño da portada: Lina L. From Our Mind Primeiro de Outubro sen ganas de madrugarsen debates sen conflitos só con ganas de chegarde coñecer ese demo pequeno con nome en Cymraeg O que lle espera.Bicos amargos, caerse ao camiñarlongas esperas, as lendas e os quizaisun paraiso sen présa que cada día queima.Non sei de onde son, en que lingua soñoquen é ese señor, que me mira aos olloscomo xira o sol, qué serei cando medre.Non sei onde estou, nin a quen lle importoo porqué desta dor, que me rompe os ósosas conxugacións, como se forma a neve.Mais non pensedes que todo está malhai agasallos, visitas e luces de nadalcontos de fadas, roupa por estrear, que mais da?se non podo respirar.As luces non quecen a todas por igualregalos esquecidos nun barpalabras que non chegan e ou non podo durmir.Non sei de onde son, en que lingua soñoquen é ese señor, que me mira aos olloscomo xira o sol, qué serei cando medre.Faixas horarias que non paran de amolarpara o norte, para o leste, pero nunca para un fogarProfecías divinas, que raramente atinanQué mala sorte.Da mina de ouro que está a piques de estoupardas mentes mediocres que deciden sen pensarDa desidia, das présas, dos despachos, de aturaras malas caras, da falta de ganas, de xogar con catro mapasde pechar a fin de semana.
Máis vídeos de Galkan
