• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

GIGANTE

IGLOO

"Un tributo XIGANTE" aos seus fans". Este foi o titular co que os principais medios de Galicia e blogs nacionais fixéronse eco ante a gravación do primeiro videoclip do novo disco de IGLOO.
Recentemente gañadores do prestixioso premio Mestre Mateo (considerados os Goya galegos), Igloo plántase con este novo single de presentación do seu novo traballo dando as grazas e unha homenaxe aos seus amigos e fans ("os que estiveron, os que están e os que estarán") que levan máis dunha década apoiando a un grupo que pón o maior esforzo e mimo en cada un dos seus traballos.
E é que máis de 200 vídeos enviados por fans de todo o Globo (incluíndo Rusia e USA entre outros) encaixarán neste "quebracabezas dun segundo abismal" nas mans de Fran X Rodríguez (I Do Visual).
Comentaban eles mesmos que o anterior era o final dunha parte, e querían avanzar cara o que lles enchía nestes momentos, o seu 2.0, a súa nova etapa. Máis sentimento e agarimo a todo o que escriben e fan co cada nota e cada acorde.
"Aquellos maravillosos daños" comeza con esta xenial do tempo titulada "GIGANTE".

Destacar o gran traballo do equipo de Global Setup na gravación (Daniel Aragunde, Jose Ortigueira Búa, Moisés Ortigueira, Daniel Iglesias , Jose Domingos Cousiño). Do equipo de gravación (Ana Fontán, Jero Romero, Alberte Vázquez, Antón Bugallo, Rubén Lázaro, Pablo Gayo y Martiño Vázquez -Europrosem-).
E os sintes e bases deste temazo de Señor Magick, o noso amigo Manu Mandala.

Máis vídeos de Igloo

De Perros y Lechuzas

IGLOO

Gremlins de ciudad

IGLOO

Generación fatal

IGLOO

Restos de un naufragio

IGLOO

Ausencia Parcial

IGLOO

La reina ourensana

IGLOO

Ex

IGLOO

Todos los días amanece

IGLOO

Han Solo

IGLOO

Canción para el fin del mundo

IGLOO

Cientos de motivos

IGLOO