• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Vento

LOBALÚ

Dirixido por Xabier Belho
“Á intemperie
vaise infiltrando o vento
ata a miña alma”
Deste haiku xorde Vento, un poema de Matsuo Bashō, 松尾 芭蕉, un dos máis célebres poetas xaponeses neste xénero.
O vento é para nós moito máis que o simple movemento da masa do aire na atmosfera. Un aloumiño nas pernas, unha sorte de máxicas figuras na roupa, un sinfín de músicas no seu xogo entre as ramas.