• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Ith

Vídeos

Día novo

ITH

Publicado o 1 mar, 2016
Tema de composición propia
Vídeo producido por PixelinPhoto baixo a dirección de Adrián Cunha.

DÍA NOVO

Negro
Todo era negro e borrou
Certo
Nada era certo e pechou...
O solpor dun día novo chegou
Un día novo chegou

O que era máis negro a grisalla tornou
O que era máis branco en esperanza mudou
O que era vermello un sorriso alumou
E brillou, e brillou, e brillou… un día novo chegou
Un día novo chegou

Esperto, un día esperto e vexo
Advirto que algo a belo trocou
O esplendor dun día novo chegou
Un día novo chegou

O que era máis negro...

E cambiou, a miña vida cambiou
E sorrín, dun día a outro sorrín…

E sorrín, e sorrín, e vivín
Dun día a outro sorrín, e sorrín e vivín…




Letra: Lucía da Fonte / Xuño 2014
Música: ITH (J.L. Toxo, Miguel Folgueira, Miguel Iglesias e Gonzalo Suárez)

O disco FORTE foi gravado en Curtis entre decembro do 2014 e febreiro do 2015.

ITH somos:
Lucía da Fonte - Voz e coros
Gonzalo Suárez - Baixo e coros
Toxo - Guitarra
Miguel Iglesias - Guitarra e coros
Miguel Folgueira - Batería

Máis vídeos de Ith

Aloumiños que festexan

ITH

Só Eu

ITH

Desvendar

ITH

Como se gravou "O mínimo que contén todo"

ITH

Hoxe por ti e mañá por ti (MillaRock 2016)

ITH

Ith

ITH

Loitar por ser

ITH