Historia da música
A historia de Galicia non se pode entender sen a música. Ao longo dos séculos, as sucesivas migracións e invasións trouxeron consigo influencias musicais de toda Europa; a propia gaita probabelmente chegase no século V coa migración sueva. O Camiño de Santiago, que conduce á Catedral de Santiago de Compostela desde calquera punto de Europa, leva sendo unha excelente vía de intercambio cultural desde a Idade Media. O propio símbolo dos peregrinos, unha cuncha de vieira, constitúe o máis básico dos instrumentos da música galega.
Ao longo dos séculos, a música tradicional de Galicia foi un elemento clave na construción da identidade do pobo. Instrumentos e cancións transmitíanse de pais a fillos para manter intacto o legado. A día de hoxe, a música de Galicia medra abeirada nunha industria autóctona que non deixa de evoluír. A cada paso xorden novas bandas que atopan o seu lugar no mercado.
A música de raíz é aínda o alicerce principal da nosa música, pero en absoluto é o único. Nos últimos tempos vivimos unha extraordinaria normalización de xéneros: contamos con bandas consolidadas en todas as disciplinas e modalidades contemporáneas. E cada vez son máis as que optan por compoñer as súas letras no idioma de Galicia.
As cunchas, instrumento e símbolo xacobeo