Axudas
Subvencións da Xunta ao sector escénico e musical
Obxecto da axuda
Contribuír á promoción da actividade produtiva e ao fomento dos mercados no sector do teatro, a danza e a música.
Beneficiarios/as
Todas as persoas físicas ou xurídicas dedicadas profesionalmente a estas actividades con domicilio ou sede social Galicia, sempre que cumpran os requisitos estabelecidos nas bases da convocatoria. Velaquí os apartados da mesma que son de interese específico para o sector musical:
- Programa Crédito-Cultura: axudas a sociedades mercantís dedicadas á producción e distribución de servizos de consumo cultural para promover, facilitar e normalizar o acceso das empresas culturais ao financiamento bancario da súa actividade.
- Promoción e difusión de traballos discográficos: axudas dirixidas a sociedades mercantís de produción e distribución no ámbito da música con domicilio, sede social ou establecemento permanente en Galicia. A súa finalidade é promover a difusión social e a comercialización dos traballos discográficos de interese cultural.
- Distribución: axudas para promover a distribución exterior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías profesionais galegas. As axudas poden ser para a distribución exterior de espectáculos de artes escénicas e musicais producidos por empresas galegas, para asistencia a feiras e mercados culturais e para a distribución de espectáculos en feiras.
- Asociacionismo profesional: axudas para potenciar o asociacionismo profesional no ámbito das artes escénicas e musicais.
Onde se solicita
Consellaría de Cultura e Turismo
Axencia Galega das Industrias Culturais
Rúa da Vesada s/n
15703 Santiago de Compostela
Tfno: 981 577 128 / 577 131
Fax: 981 577 127
Texto da resolución /
Convocatoria (DOG nº 19, 28 de xaneiro de 2009) /
Corrección de erros (DOG nº 32, 16 de febreiro de 2009) /
Corrección de erros (DOG nº 44, 4 de marzo de 2009)
Axudas do Estado ao fomento da música contemporánea española
Obxecto da axuda
Fomentar a música contemporánea mediante o apoio, en primeiro lugar, ao labor artístico de grupos estábeis, conxuntos e intérpretes solistas que se dedican á interpretación de música contemporánea. En segundo lugar, aos proxectos de empresas discográficas especializadas na produción, rexistro, edición e distribución do repertorio musical contemporáneo e a nova creación musical española. Por último, a potenciar ao máximo a creación musical española mediante a concesión de axudas aos compositores/as.
Beneficiarios/as
Todas as persoas físicas ou xurídicas, nacionais dos Estados da Unión Europea e demais Estados asociados ao Espazo Económico Europeo, que cumpran os requisitos estabelecidos na resolución, exceptuando la modalidade de axudas á creación, que está destinada, en exclusiva, a compositores/as españois.
Onde se solicita
Ministerio de Cultura
Instituto Nacional de las Artes escénicas y la Música
Plaza del Rey n.º 1 - 6.ª planta
28004 Madrid
Teléfono: 91 701 70 14
Fax: 91 701 73 96
Convocatoria publicada no BOE
Axudas do Estado á danza, a lírica e a música
Obxecto da axuda
Impulsar a estabilidade das compañías, grupos e solistas de danza, lírica e música e a difusión dos seus proxectos e espectáculos, fomentar a promoción do patrimonio coreográfico, lírico e musical universal no ámbito do territorio do Estado, difundir a danza, lírica e música españolas fóra das súas fronteiras e estimular a innovación na creación coreográfica, lírica e musical.
Beneficiarios/as
Todas as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, nacionais de Estados da Unión Europea e demais Estados asociados ao Espazo Económico Europeo, que cumpran os requisitos estabelecidos na resolución.
Onde se solicita
Ministerio de Cultura
Instituto Nacional de las Artes escénicas y la Música
Plaza del Rey n.º 1 - 6.ª planta
28004 Madrid
Teléfono: 91 701 70 14
Fax: 91 701 73 96
Convocatoria publicada no BOE