• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Litium Studio

Litium Studio

C/ Ramón Cabanillas 3, Bajo, 36004, Pontevedra


Contacto:
Blaz Babnik / Sara Martínez Soutiño
606 788 110 (Blaz)
649 167 801 (Sara)

info@litium-studio

Litium Studio é un estudo de gravación profesional situado no centro de Pontevedra e dirixido polo técnico e produtor de son Blaz Babnik. As instalacións están insonorizadas e acondicionadas acusticamente; ten oito salas de ensaio, unha sala de produción, dúas salas de gravación e unha sala de control.

En Litium Studio desenvolvemos todo tipo de servizos e proxectos, tanto en soporte dixital como en sistemas analóxicos. Os nosos servizos inclúen produción, gravación, mestura, masterización, posprodución, edición, composición, arranxos musicais, sesións ao vivo, voz en off e dobraxe.

En Litium Studio queremos promover un ambiente no que a creatividade se desenvolva, ademais de comprometernos cos nosos clientes e ofrecer un servizo de calidade.