• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Mare Produción

Mare Produción

Rúa da Paz, 12 baixo. 15189 Fonteculler (A Coruña)


Contacto:
Patricia Hermida Lago
(+34) 981 652 091
(+34) 661 504 029

hermida@mareproduccion.com

PRODUCIÓN
Ofrecémosche un servizo global de produción que cobre calquera necesidade técnica e artística para a organización e xestión integral de todo tipo de eventos nacionais e internacionais, incluíndo a infraestrutura necesaria para a pre e post produción do espectáculo, a contratación de persoal cualificado, o aluguer de material e espazos axeitados. Todo iso coa maior profesionalidade e eficacia, sen descoidar o mínimo detalle para facer do teu proxecto un exemplo de bo gusto e calidade incomparable.

BOOKING
Realizamos a contratación nacional e internacional de concertos, festivais, xiras e demais eventos artísticos e culturais para organismos públicos e privados, incorporando o traballo dos nosos artistas e colaborando con outras produtoras na promoción dos seus representados. Ponte en contacto connosco e axudarémoste a xestionar e contratar os eventos que mellor se adapten ás túas necesidades.

DISCOGRÁFICA
Baixo o noso selo discográfico Nakra, xestionamos a produción artística de proxectos tanto propios como de contratación externa, traballando co artista de principio a fin, na selección de estilos, temas, deseño, xestionando a gravación, edición e fabricación do disco, así como a súa difusión e promoción posterior. Achégate a coñecer o noso estudio e poderás comprobar de primeira man a nosa filosofía de trato persoal e familiar. Atoparaste como na casa e poderás facer do teu proxecto un traballo profesional e coidado en todos os detalles.