• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Sonaxe

Sonaxe

Manuel María s/n. 15930 Boiro (A Coruña). Apdo de correos 52


Contacto:
Ketty Paisal
(+34) 655 700 626


info@sonaxe.com - kettypaisal@sonaxe.com

Sonaxe é unha cooperativa galega que vén a dividir o seu traballo en dous ámbitos. Por un lado, adícase á formación; en Sonaxe temos como fin poñer ao teu servizo todas aquelas ferramentas que precisas para aprender ou perfeccionar os teus coñecementos musicais. Tamén ofrecemos servizos de xestión integral para centros de ensino musical.

Os tres socios da cooperativa son todos mestres de música de distintas especialidades con máis de 10 anos de experiencia.
Sonaxe Records é a parte da cooperativa que se adica á promoción, produción e edición musical. A súa finalidade é poñer a disposicións dos profesionais da música todas aquelas ferramentas precisas para poder levar a cabo a práctica da música dun xeito profesional.

Encargámonos da produción, edición e promoción dos teus traballos ca fin de que só te centres no máis importante; a música.