• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

GALICIA TERRITORIO CONVIDADO NO SHOWCASE SCOTLAND DO CELTIC CONNECTIONS 2019

GALICIA TERRITORIO CONVIDADO NO SHOWCASE SCOTLAND DO CELTIC CONNECTIONS 2019
14 XANEIRO 2019

O Celtic Connections, festival que se centra nas raíces da música tradicional escocesa famoso por reunir a artistas internacionais de música folk e world music, ten este ano a Galicia como territorio convidado do Showcase Scotland 2019, incluído na programación da próxima edición do festival; unha iniciativa para impulsar a proxección exterior de novos talentos musicais escoceses xunto cos do país invitado.

Grazas a un acordo entre Celtic Connections e a Xunta de Galicia (Consellería de Cultura e Turismo), a través da Agadic e baixo a marca GalicianTunes On Tour, o Showcase Scotland presenta unha selección de oito formacións artísticas galegas, quen compartirán cartel con músicos de renome internacional, durante a 26ª edición que se celebrará en Glasgow (Escocia) entre o 17 de xaneiro e o 3 de febreiro de 2019. Os concertos estarán abertos tanto ao público en xeral como a axentes, selos discográficos e medios de comunicación, entre outros, que asistirán como delegados internacionais acreditados.

 

 

Ademais dos artistas, tamén viaxarán a Escocia unha ducia de empresas e operadores turísticos, que terán a oportunidade de entrar en contacto directo con promotoras e axentes internacionais dos seus respectivos sectores.

  noticias