• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

GALEGOS SELECCIONADOS PARA O SEGUNDO CICLO DE ARTISTAS EN RUTA

GALEGOS SELECCIONADOS PARA O SEGUNDO CICLO DE ARTISTAS EN RUTA
17 SETEMBRO 2025

Artistas en Ruta, programa impulsado pola Sociedade de Artistas Intérpretes ou Executantes de España, vén de presentar a súa programación para o segundo ciclo deste 2025. Desde a súa creación, o obxectivo do programa é potenciar a música ao vivo e achegar os novos talentos ao público a través dun circuíto de actuacións en locais de música de todo o país. Así, a iniciativa ofrece aos artistas e grupos —emerxentes e consolidados— a oportunidade de xirar, actuar e amosar o seu traballo de maneira máis próxima, como alternativa aos grandes escenarios e a posibilidade de facer medrar a súa presencia en diferentes cidades fóra da súa comunidade.

Para este segundo ciclo de concertos, que vai desde setembro ata decembro, o xurado de AIE escolleu unha vintena de artistas entre os que se atopan catro galegos: dunha banda Boyanka Kostova, KYR4, The Rapants, que contan co apoio da Xunta de Galicia, e doutra, Hilario Rodeiro, co respaldo do Goberno de Euskadi, comunidade na que reside.

e Hilario Rodeiro.

 

 

BOYANKA KOSTOVA

Pioneiros do trap galego e un dos grupos máis influentes da movida urbana de Galicia, Boyanka Kostova viviu unha mutación e unha deriva que os foi achegando máis a un código ravero e electrónico nos seus últimos traballos.

 

-FUNCLUB (Sevilla): 18/10/2025

-Cooperativa Ítaca (Murcia): 14/11/2025

-Heliogàbal (Barcelona): 28/11/2025

-La Lata de Zinc (Oviedo): 19/12/2025

 

 

 

KYR4

Nacida na Coruña, Elia Galdo Maria, máis coñecida como KYR4, é unha artista de música urbana que anteriormente bebeu do xénero do rock alternativo durante anos. Caracterizada pola súa escritura poética e a profundidade do seu contido, as súas cancións tentan facer que o público senta identificado con cada unha das súas composicións.

 

-Espacio Bellas Artes (Cáceres): 24/10/2025

-SALA Z (Zaragoza): 07/11/2025

-LA CUEVA DEL JAZZ EN VIVO (Zamora): 28/11/2025

-Sala Marte (Málaga): 19/12/2025

 

 

 

THE RAPANTS

The Rapants é talento, actitude e diversión. Nada en Muros (A Coruña) en 2018, a banda do momento na escena galega surfea entre o pop, o garage e o disco cun directo incansable, coa intención de facer bailar, sen prexuízos, ao público. A adrenalina que desprenden durante os seus concertos é, precisamente, unha das grandes bazas e clave do éxito deste cuarteto galego.

 

-Gran Café León (León): 19/09/2025

-Sala Sauvage (Barcelona): 25/10/2025

-El Desierto Rojo (Valladolid): 13/11/2025

-Camping Osuna (Madrid): 15/11/2025

 

 

 

HILARIO RODEIRO

Hilario Rodeiro é un músico galego (Santiago de Compostela, 1981) que reside desde hai 15 anos nos arredores de San Sebastián, Gipuzkoa. Durante os últimos anos estivo inmerso na produción de música para artes escénicas, sen deixar nunca de achegar repertorio ás bandas colaborativas das que formou parte. Pausa (2024) é o primeiro disco de jazz que realiza en solitario baixo o seu nome, un disco que se move na linde entre o pop-rock instrumental, a música de cámara e o jazz experimental.

 

 

ETIQUETAS

  noticias