Vídeos
Cumbia Porteña (La pollera amarilla) - VIDEOCLIP OFICIAL
SETE ALDEAS, TULIO ENRIQUE LEÓN
“Cumbia Porteña” é unha viaxe musical de ida e volta na que a música tradicional galega se encontra cos ritmos da diáspora galega en Latinoamérica.Sete Aldeas ofrece nesta peza a súa propia lectura de “La pollera amarilla”, clásico de Tulio Enrique León, a través dun arranxo de Marina Fdez. Vigo que leva a cumbia ao terreo sonoro da formación.Gaita, acordeón, saxofóns, clarinete e percusión tradicional galega dialogan cun dos ritmos máis populares de América Latina, mantendo o baile como punto de encontro entre tradicións.O videoclip foi gravado e editado por Nahuel Lioi, con Isaac Millán como técnico de son.Interpretación: Sete AldeasArranxo musical: Marina Fdez. VigoTema orixinal: “La pollera amarilla”, de Tulio Enrique LeónGravación e edición de vídeo: Nahuel LioiTécnico de son: Isaac Millán
Máis vídeos de Sete aldeas
