Vídeos
Fonsagrada 44
ARTISTA
FIANDOLA presenta Fonsagrada 44, unha combinación de 2 pezas de gaita quitadas de recollidas feitas en A Fonsagrada. Fonsagrada 44, o camiño que moitos fixeron (e fixemos en Fiandola) para enchouparnos do saber das xentes , dos cantos, dos bailes, das pezas para gaita... Unha homenaxe nostálxica e agarimosa á xente que fixo unha labor de campo de incalculable valor e por suposto aos ghaiteiros da Fonsagrada, dos cales nos declaramos fans absolutos.
Máis vídeos de Fiandola