• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Mirabas Almas

RODRIGO RAMOS

"Mirabas Almas" é o novo single con videoclip de Rodrigo Ramos, ademais de ser o título do seu primeiro disco en solitario. Unha canción de rock en galego que non che pode deixar indiferente, con clara influencia do rock alternativo dos 90, "Mirabas Almas" flúe nunha mestura perfecta entre as súas guitarras afiadas, a súa melodía desinhibida e o seu pegadizo retrouso que rompe por completo a barreira do idioma.

Enténdese así a elección de "Mirabas Almas" como título do disco, xa que na colección de cancións que conforman o mesmo, este tema é a áncora que dá sentido a todo, unha especie de pararraios que absorbe o impacto que producen no ouvinte os nove cortes restantes.

No videoclip pódense ver imaxes de dous dos concertos da extensa xira de Rodrigo Ramos e a súa banda, neste caso na mítica Sala Karma de Pontevedra e na non menos importante Sala Forum Celticum de Culleredo, dous dos locais referentes da música en directo en Galicia. Realizado por Rafa Ruiz, pode dar unha fidedigna imaxe da intensidade e forza de Rodrigo Ramos e a súa banda en directo, ademais de momentos previos aos concertos que normalmente o público non pode apreciar.

Máis vídeos de Rodrigo Ramos

Nada Máis

RODRIGO RAMOS, LUCÍA PÉREZ

Claustrofobia

RODRIGO RAMOS

Para Decir Adiós

RODRIGO RAMOS

Subiote

RODRIGO RAMOS

Polvo y Escarcha

RODRIGO RAMOS

Envejecer

RODRIGO RAMOS

Sol de Invierno

RODRIGO RAMOS

Quedaches Sen Nada

RODRIGO RAMOS, GUADI GALEGO

James Dean

RODRIGO RAMOS

Dulce Mentira

RODRIGO RAMOS