• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Culturactiva

Culturactiva

Rúa Triacastela 3, Baixo. 15703, Santiago de Compostela


Contacto:
Manuel Roxo
(+34) 981 582 836


info@culturactiva.org

Culturactiva SCG é unha das primeiras cooperativas de xestión cultural de Galicia. Inicia o seu proxecto alá polo 2000 sendo na actualidade a distribuidora de referencia en Galicia tanto de teatro cómico e de rúa (circo, clown, masia...), como de música, provedora de servizos de produción, imaxe, comunicación e un abano de propostas artísticas do máis completo e profesional de Galicia.

A versatilidade con que Culturactiva SCG confecciona programacións culturais para todos os gustos e petos, a distribución en exclusiva de artistas internacionais como La Troba Kung-Fu ou Txarango en Galicia e Portugal, xunto co grande abano de artistas galegos de calidade, como Guadi Galego, Talabarte, O Sonoro Maxín ou A Magnifique Band dos Homes sen Medo ou proxectos como a Verbena Galega a nivel musical son algúns dos piares nos que Cultur@ctiva se asenta para continuar coa súa andaina sen fin...