• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Wanna Dee

Wanna Dee é un artista multidisciplinar, que coas súas diferentes e dispares influencias crea unha mestizaxe única que non deixa indiferente a ninguén. Nacido en Moaña (Pontevedra) leva media vida influencidándose do R&B, o soul, o bolero, o funk, o reggae ou o hip-hop, pero non é ata 2016 que esta mestizaxe ve a luz co videoclip de “Espiral” a través da canle do seu colectivo, “Original Haters”, lanzándoo a medios como “FleekMag”.

Despois disto, Wanna Dee leva varios anos sacado singles como "She’s Gonna Make Me Crazy", "Bonitas lágrimas", "Rolling Like a Rock", "Obsesionada" ou "Rich". Foi con este último proxecto co que foi portada da revista The Medizine e acadou formar parte do proxecto SmokingHub/SamplerChef de Barcelona.

Acualmente, está finalizando o seu LP debut baixo o título de “OFF/me”, con producións de Sebastian Black, Judah Gt, Underclock, The Lost Beat, Slowlee e Aggez, que verá a luz a finais de 2019.

Contratación

Iván Fernández Costas
637 238 173
ivowannadee@gmail.com

Discografía

Off Me

WANNA DEE

2020, S.Laif

Vídeos

Honey

WANNA DEE, ITS SOUL & MARÍA MARTINEZ

Night Raven

WANNA DEE, JUDAH GT

La Verdad

WANNA DEE, SEBASTIAN BLACK

Black Panther

WANNA DEE, UNDERCLOCK

Noay

WANNA DEE

Obsesionada

WANNA DEE, AGATHON

Tal vez tamén che gusten