• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
DEVALO

DEVALO é un proxecto do coruñés David Miranda, a quen coñecemos de outras aventuras musicais como Nouvelle Cousine ou The Cripple and The Tramp. Nos ecos do synthpop (Gary Numan, Orchestral Manoeuvres in the Dark, M83, New Order), e melodías que beben do dream pop e o shoegazing (Slowdive, Cocteau Twins, The Radio Dept., Yo la Tengo, Beach House), resoan imaxes nocturnas de nostalxia, perda e crise de identidade, que deixan tamén albiscar un renacer a través dun movemento cara ao futuro que é realmente unha volta ás orixes.

DEVALO debuta en 2020 con "Noites Contadas" (Ferror Records, 2020); un traballo gravado en Gales, pero mirando a Galicia, que destila nostalxia, introspección e un pop altamente emocional.

Contratación

Ferror Records
Sergio Peck
667 264 325
ferrorrecords@gmail.com

Discografía

Noites Contadas

DEVALO

2020, Ferror Records

Vídeos

Neve de Maio

DEVALO

Tal vez tamén che gusten