• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

MEU

MEU

En 2017, da confluencia das sensibilidades e emocións que xorden dos seus compoñentes, nace MEU na Galiza central.

Rock galego e en galego, navegando do punk rock ao metal con liberdade, sen ancorarse nun estilo determinado nin amarrarse a etiquetas. Cada novo tema pode traer unha nova sorpresa. Letras de compromiso, de denuncia, reivindicación, amor, sentimentos, problemas vitais, dores e esperanzas, frustracións e recompensas. Este conglomerado de actitude e paixón lévaos a denominalo como “caña do país”. O traballo duro de estes anos vaise asentando nun enérxico directo, caracterizado pola intensidade e a consistencia dende o principio ata o final.

Preséntanse en 2020 con “Animal ferido” e “Non quero ser normal”, gravados a finais do ano anterior en Estudos Mafia (O Carballiño). A finais de 2021 entran de novo en Cimática Studio (Cerceda) para gravar novos temas, como “Doutor Caníbal”, “Insectos” ou “Outro día máis”, que serán presentados durante 2022.

Actualmente, MEU son Dani Morotxo (voz), Antonio García (batería), Caníbal (baixo), Fonso Doval (guitarra, voces) e Trash Tornado (guitarra, coros).

Contratación

Toxo Verde
Clara
+34 665 94 95 99
management@toxoverde.gal

Discografía

Doutor Caníbal

MEU

2022,

Frustracións e recompensas

MEU

2020,

Vídeos

Doutor Caníbal

MEU

Animal ferido

MEU

Non quero ser normal

MEU

Onde irán? (Directo Noceda Rock 2019)

MEU

Tal vez tamén che gusten

Licor Café Rock Band

Ocean Gates

¡Qué Desilusión!

Brutal

Deleiba

Mano de Piedra