
BRUMEIGHO é un grupo de música tradicional galega formado en 2023 por sete músicos comprometidos coa preservación e difusión do patrimonio musical de Galicia. A súa proposta artística combina a riqueza da tradición coa enerxía e frescura das novas xeracións, ofrecendo interpretacións que respectan a esencia da música galega sen deixar de explorar novas posibilidades sonoras.A formación conta cunha estrutura instrumental variada, composta por guitarra, baixo, bouzouki, tres frautas/gaitas, percusión, acordeón e voz, o que lles permite unha gran versatilidade á hora de interpretar diferentes pezas do repertorio tradicional. Tamén optan por engadir samplers co obxectivo de emular instrumentos que non interpretan en directo pero van gravados nas cancións. As pezas que interpretan como alalás, muiñeiras e mesturas dos mesmos conforman a base do seu repertorio, sempre cunha identidade propia que pretende sobresaír do panorama tradicional galego cara novas vías pero sen perder a tradición da música galega.Desde a súa creación, Brumeigho xa se presentou en diversos escenarios, participando en eventos culturais e encontros musicais por Galicia, aínda que a súa traxectoria segue en expansión. O grupo tamén aposta pola divulgación e ensino da música tradicional.Con cada actuación, Brumeigho reafirma o seu compromiso coa identidade galega, consolidándose como unha nova voz na música tradicional e contribuíndo á súa evolución e difusión.
Contratación
Juan C. Rey 619 928 059 ciego2006@hotmail.com