O 23 de febreiro de 1991 catro “rapaciños” estreábanse na Feira Vella de Ponteareas. Cúmprense por tanto trinta e cinco anos daquela estrea da banda que tamén tivo os seus tempos de retiro e letargo. O Caimán do Río Tea fixo da súa participación no programa da TVG Xabarín Club co seu tema “Estou una Lavadora” o seu emblema, menos de tres minutos de rock onde queda definida a personalidade do seu sonido, unha canción que superou á propia banda e que xa forma parte de máis dunha xeración.En 1995 publicaron “Feito na Casa” o seu primeiro disco editado por Sons Galiza e gañan o V Certamen Galego da Canción editando un maxi con cinco temas gravado nos estudios Fussion de Vigo. Firmantes do “Manifiesto de Viana”, O Caimán do Río Tea participou no nacemento da Unión Bravú, unha xeración de músicos de todo o país na que a cultura e a música tiñan o seu espazo. Suman outra canción para o Xabarín Club, “Ven a Bailar”. A banda retirase ao río Tea ata o 2014 ano no que celebran o 20 aniversario de “Esto una Lavadora” coa autoedición dun disco recompilatorio e unha xira de concertos que os leva por festivais como Revenidas, Terra Brava ou Antrospinos. No ano 2024, publican “Sandsbridge’s Lonely Hearts Club Band”, un disco conceptual tributo á súa terra, O Condado. E en 2026 chega “Vou Pa Portujal” editado por Ferror Records.
Contratación
Rafa 673 914 695 ocaimandoriotea@gmail.com
