• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Amoeba Split

Amoeba Split formouse a finais de 2001 na Coruña como un proxecto musical encadrado dentro do rock sinfónico e progresivo, con claras influencias do Son Canterbury. Xa en 2003 a aposta musical baseouse decididamente nun jazz-rock con tinguiduras progresivas, sendo en febreiro do mesmo ano cando rexistran a súa primeira maqueta, que obtén unha excelente acollida tanto na prensa local coma en salas de concertos da provincia da Coruña. Tras o devandito traballo, o grupo emprende un longo camiño con diversos cambios de formación, a composición de novos temas, a experimentación, a participación en proxectos paralelos (caso do trío de jazz rock "Starless", formado por membros do grupo) e a creación de espectáculos audiovisuais.

Finalmente, en 2007 decídese a entrada en estudo para a gravación do seu primeiro disco, editado finalmente en setembro de 2010 baixo o título “Dance of the goodbyes”. O disco publicouse en formato CD digifile en edición limitada e numerada a 500 copias, cunha excelente crítica a nivel internacional, e foi nomeado pola web especializada Progawards como "Mellor disco de debut de rock progresivo de 2010". A devandita edición esgotouse aos poucos meses e reeditouse en formato de dobre vinilo. Tras participar en importantes festivais de rock progresivo, xunto a figuras como Neal Morse ou Al Di Meola, o grupo volve ao estudio para gravar o seu segundo disco, "Second Split", editado a principios de 2016 polo selo Azafrán Media.

Contratación

Alberto Villarroya
(+34) 680603266
amoebasplit@hotmail.com

Discografía

Second Split

AMOEBA SPLIT

2016, Azafrán Media

Dance of the goodbyes

AMOEBA SPLIT

2010, Autoedita

Vídeos

Presentacion Second Split

AMOEBA SPLIT

Clockwise (Directo)

AMOEBA SPLIT

Those fading hours (Directo)

AMOEBA SPLIT

Second Split (Teaser)

AMOEBA SPLIT

Dedicated to us but we weren't listening

AMOEBA SPLIT

Tal vez tamén che gusten