• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Trilitrate

Os galegos Trilitrate propuxéronse compoñer e interpretar a música folclórica dun mundo que aínda está por achar; a banda sonora da película que ninguén podería rodar xamais: unha especie de discurso perdido entre a épica humanista de “Fitzcarraldo” (1982) e as elipses narrativas de “O acorazado Potemkin” (1936).

O seu último LP, “Frutal Death” (Metamovida, 2016), apesta a século XX e por iso se debate entre a música contemporánea, a world music e o folk balcánico, a neoclásica e os ritmos pegados á terra. Os catro integrantes do Colectivo Metamovida propuxéronse sobrevoar e logo destruír todos e cada un dos estilos, construíndo unha liña única, aderezada por un salvaxe sentimento de independencia.

Cincuenta minutos de pezas profundas, enérxicas e salvaxes que funcionan como testemuña, neste mesmo intre, do incrible momento creativo do trío-cuarteto galego, incluíndo a maxistral correspondencia visual a cargo de Laura Iturralde.

Contratación

Parvo
Toño Magariños
(+34) 639 551 492 - 639551492
booking@parvo.gal

Discografía

Frutal Death

TRILITRATE

2016, Metamovida

Faláchesme na man

TRILITRATE

2014, Metamovida

Vídeos

Nelo

TRILITRATE

Aligrina

TRILITRATE

Osos Borrojos

TRILITRATE

Tal vez tamén che gusten