• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Jhonander

Jhonander, banda orixinaria de Pontevedra, Galicia, nace no ano 2009. Formada por Jesús Vidal (voz e guitarra), Pedro Vidal (guitarra), Miguel Vidal (batería) e Bucho Centeno (baixo).

Jhonander grava o seu primeiro álbum "Enciendes mi alma" en 2011, nos prestixiosos estudios PKO de Madrid con Caco Refojo, dando a luz neste primeiro traballo temas como "Enciendes mi alma" o "Serenidad", cuxos videoclips pódense atopar en Youtube. O disco foi lanzado en CD edición Deluxe e a través de diversas plataformas dixitais como iTunes, Spotify e Bandcamp.

Non pasan desapercibidos para a prensa especializada a nivel nacional, que se fan eco do seu primeiro traballo. Así revisatas como Rock Estatal e Kerrang. Esta última di deles que "son unha banda que sabe como facer as cousas".

Jhonander non só se autoproducen senón que levan a cabo todo o labor de deseño e audiovisual da banda, idean, gravan e editan os seus vioclips, deseñan os seus discos... mantendo todo o control sobre o seu son e imaxe.

No ano 2013 péchanse no seu local de ensaio para comezar a pre-produción do seu segundo traballo, nesta ocasión volven a contar con Caco Refojo e os Studios PKO para a gravación que se fai en maio de 2014. O álbum está composto por oito cortes cheos de eock que dan forma a "Sinécdoque", que abre o disco con "Antes de nacer" single adianto e terceiro videoclip de Jhonander. "Sinécdoque" ve a luz en decembro de 2014 cunha edición deluxe limitada en vinilo e a través de diversas plataformas dixitais como iTunes, Spotify e Bandcamp.

Contratación

Absent Arts
Nacho Sartier
(+34) 659 599 577
nacho.sartier@gmail.com

Discografía

Sinécdoque

JHONANDER

2014, Jhonander

Enciendes mi alma

JHONANDER

2010, Jhonander

Vídeos

Muñeca de Cristal

JHONANDER

Nada

JHONANDER

Mantente al margen

JHONANDER

Antes de nacer

JHONANDER

Serenidad

JHONANDER

Enciendes mi alma

JHONANDER

Tal vez tamén che gusten

¡Qué Desilusión!

ASI/SI

Brutal

Deleiba

Dr. Garimba

Grand Soul Band