• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Heredeiros da Crus

Heredeiros da Crus nacen en Castiñeiras, en Ribeira (A Coruña) en 1992. Logo duns primeiros ensaios nun galiñeiro de Poi, publican o seu primeiro disco, ‘A Cuadrilla de Pepa a Loba’ (1994), un álbum que marcou un antes e un despois na historia do rock en galego.

As letras descaradas e divertidas, as guitarras poderosas, o falar natural, con gheada e seseo, e a actitude provocadora e irreverente, fixeron dos Heredeiros todo un símbolo para milleiros de galegos dos anos 90 famentos de música e cultura coa que identificarse.

Logo de converterse nun dos grupos insgina do Xabarín Club –o mítico programa infantil da TVG–, e de ofrecer ducias de concertos sempre memorables (e normalmente polémicos), en 1996 editan o seu segundo disco: "Está que te cajas!!".

En 1997 publican dous traballos máis: "Criatura" e "Des Minutos". De seguido virían "Erecsiones munisipales" (1999), un disco que conta con novos instrumentos e sonoridades como os metais nalgunhas pezas, e "All right Chicago" (2000), un dobre álbum no que se pode apreciar a potencia do grupo enriba dos escenarios.

Logo de catro anos nos que, entre outros proxectos, editaron un disco de versións baixo o nome de "Recambios Tucho" (2001), publicaron o seu sétimo disco: "Chicarrón".

En 2005, retíranse dos escenarios e cada un dos heredeiros inicia os seus propios proxectos musicais. En 2012 volven para dalo todo e, un ano despois, ademais de seguir ofrecendo concertos por toda Galicia, publican un novo disco, "Jard Rock con Fe", con 12 temas inéditos.

Contratación

Dotbeat!
Patricia Hermida
(+34) 981 652 091 - (+34) 674 956 338
contratacion@dotbeat.es

Discografía

Derretidos

HEREDEIROS DA CRUS

2019, dotbeat!

Jard Rock con Fé

HEREDEIROS DA CRUS

2013, Airapro Producions

Chicarrón

HEREDEIROS DA CRUS

2004, Gandy

Recambios Tucho

HEREDEIROS DA CRUS

2001,

All Right Chicago

HEREDEIROS DA CRUS

2000, BOA

Erecsiones Munisipales

HEREDEIROS DA CRUS

1999, BOA

Des Minutos

HEREDEIROS DA CRUS

1997, BOA

Criatura

HEREDEIROS DA CRUS

1997,

Vídeos

Juan Ramón

HEREDEIROS DA CRUS

Non che teño medo

HEREDEIROS DA CRUS

Buscando a Superfama

HEREDEIROS DA CRUS

De Jalisia ó estranxeiro

HEREDEIROS DA CRUS

Radio Cotilla

HEREDEIROS DA CRUS

Que jallo é!

HEREDEIROS DA CRUS

Tal vez tamén che gusten

¡Qué Desilusión!

ASI/SI

Brutal

Deleiba

Dr. Garimba

Grand Soul Band