
Marvelpop defenden a música en castelán. En activo dende 2009, a banda galega percorreu algunhas das salas máis importantes de Galicia e, tras unha pausa para gravar o seu primeiro EP "Planeta imaginario", volven á carga este verán con nova formación. Este primeiro EP, producido por José Trincado en Savok Sound, é só unha mostra do material que a banda pontevedresa desenvolve nestes últimos anos. Cancións directas, letras coidadas e as gañas de sempre. A banda está formada por Antón Cruces (voz e guitarra), David Gándara (baixo), Alberto Cid (batería) e Ángel Viejo (teclados).
Contratación
Antón Cruces (+34) 699 226 299 braisvergara@gmail.com