• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Malkeda

Malkeda é unha banda galega formada a finais de 2002 que cultiva un metal alternativo baseado nas distintas influencias dos seus compoñentes. Afinacións graves, medios tempos, ritmos pesados, fortes contrastes entre estrofas e refráns acompañados dunha voz que intercala melodías esgazadas e emotivas, letras coas que o público se sentirá identificado.

O seu álbum debut, “Momentos impuntuales”, son 13 temas propios gravados, mesturados e masterizados por R. Darosa (Litium Records-Pontevedra). Con “Un día sin ayer”, segundo LP no que a banda únese ao recoñecido produtor vigués Pablo Iglesias (Hora Zulú, Kannon, Killer Barbies) e grava en Planta Sónica II (Vigo), consolida un estilo máis propio, unha aposta por un son contundente e directo.

Xiran por toda a península entre salas e festivais, tocando con bandas como Obús, Barón Rojo ou Aphonnic.

En 2015 Malkeda realiza un single para EURORSA (European Rescue Swimmers Asociation), ao que bautizan con “Nadie queda atrás”

Producido por Ángel Acuña Paz e gravado en Planta Sónica II, Villa Angelina Studios e ZoiloUnrealStudios, “Cumulonimbo” mestura matices do primeiro traballo con outros do segundo, engadindo riffs de estilos máis actuais cun coidado son de base. Un traballo máis maduro, persoal e potente no que colaboran Alberto Cereijo (Los Suaves) ou Gómez Noya (Campión do Mundo de Triatlón), entre outros.

Malkeda son Checho C. Vázquez (voz), Guille Lavía (guitarra), Isidro Otero (guitarra), Adrián Costal (baixo), Adrián Charlín (batería).

Contratación

XoniX REcords
Iago
(+34) 663 418 331
managementxonix@gmail.com

Discografía

Cumulonimbo

MALKEDA

2016, Malkeda

Un día sin ayer

MALKEDA

2012, Malkeda

En acústico

MALKEDA

2011, Autoeditado

Momentos impuntuales

MALKEDA

2008, Mutant-e Records

Vídeos

Revolución

MALKEDA

Stellar

MALKEDA

Sombras

MALKEDA

El cuerdo

MALKEDA

Cumulonimbo

MALKEDA

Nadie queda atrás

MALKEDA

Tal vez tamén che gusten