• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Esquíos

Esquíos é unha banda de rock galega que bebe de estilos musicais coma o punk rock e o garaxe, e que engade á súa música picadas de outras correntes musicais coma poden ser o hardcore, a psicodelia, o ska... As súas líricas versan sobre temas sociais, persoais ou puramente hedonistas, a miúdo cunha importante carga irónica e humorística, e habitualmente expresadas en galego.

Unha batería, un baixo, dúas guitarras e as voces son os instrumentos que precisan Esquíos para executar a súa música. O seu ambiente natural e fin último é tocar ao vivo.

Tendo a súa base de operacións na aldea de Matalobos, pertencente ao Concello da Estrada, a banda leva dende o 2006 recorrendo a xeografía galega. Contan con máis de cen concertos ao seu lombo e sete discos editados. O último gravouse ao vivo nos estudios da Radio Galega e editouse en maio do 2014. Esta gravación foi o premio outorgado polo xurado do concurso Vas Sacar Nota da RG do ano 2013 ao tema "Ei xabarín!", que se escolleu coma canción do verán no mentado concurso.

Contratación

Esquíos
Jorge Rodríguez
(+34) 663 109 884
esquios@esquios.com

Discografía

Nunca choveu que non escampara

ESQUÍOS

2017, Autoeditado

A diana somos tod@s

ESQUÍOS

2015, Esquíos

Estamos aquí

ESQUÍOS

2014, Autoeditado

Porcocán

ESQUÍOS

2013, Autoeditado

Agora si!!... despois igual non (ímolo vendo)

ESQUÍOS

2011, Autoeditado

Galician carraxe on garaxe

ESQUÍOS

2010, Autoeditado

Eche o que hai!

ESQUÍOS

2009, Autoeditado

Un tipo normal

ESQUÍOS

2007, Autoeditado

Vídeos

Non ides poder

ESQUÍOS

Aínda miña mente fala

ESQUÍOS

As nosas armas

ESQUÍOS

E ti riste de min

ESQUÍOS

O baile do parado

ESQUÍOS

Moi ben

ESQUÍOS

Tal vez tamén che gusten