• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Artabe

Con dous discos editados ("Canciones de Pan", 2014 e "Cataratas", 2015), Rubén Artabe, músico e compositor galego, amante da arte persoal, ousado, innovador e inquedo, comeza unha nova etapa musical marcada por cambios persoais e un novo rumbo cara unha evolución e experimentación no seu concepto musical.

Ruben comezou na música na década de 90, como parte de varias bandas de rock ao longo dos anos (Poetas Urbanos, Neusia, Fakir), desenvolvendo traballos de guitarrista, compositor e letrista. Xa en 2013, a súa vida creativa dá un xiro e comeza a andar o seu propio camiño como solista, compoñendo material propio e editando referencias marcadas por un estilo musical intimista e rico en poesía. Vencedor do II Concurso Santiautor, Ruben Artabe subliña o papel da música como unha ferramenta de liberación e transformación do ser humano.

Artabe, unha nova identidade chea da súa propia esencia, e un novo disco, "Punto Cero", marcan esa busca de renovación e ese xiro na súa carreira. Un son máis eléctrico e elaborado, cheo de texturas e cores, cancións máis preto do pop, rock ou a música hipnótica, psicodélica e ambiental. Artabe mudouse para Madrid para absorber a inercia cultural da cidade e á súa vez poder traballar con nomes como Manuel Cabezalí (Havalina, Lázaro, Miss Gi, Pupila, Rufus T. Firefly, etc.), entre outros profesionais, para, así, afondar nesa busca interna e musical, ámbalas dúas totalmente conectadas na súa arte.

Contratación

Tam Tam Gestión Creativa
Tamara Blanco
(+34) 600 826 902 - (+34) 699 070 945
contacto@rubenartabe.com

Discografía

Alga colorida

ARTABE

2016, Artesa de Arte

Punto Cero

ARTABE

2016,

Cataratas

RUBÉN ARTABE

2015, Autoeditado

Canciones de Pan

RUBÉN ARTABE

2014, Autoeditado

Vídeos

Vacíame

ARTABE

Saliha

ARTABE

Alga colorida

ARTABE

Presentación Crowdfunding

ARTABE

Chica de agua

RUBÉN ARTABE

Mi cabeza va a estallar

RUBÉN ARTABE

Tal vez tamén che gusten