• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Poesía Canalla

Esta banda de Compostela achega a poesía ao público dun xeito que non se escoitara antes, fuxindo do concepto clásico dun poeta recitando cunha guitarra ou piano detrás, para perderse na difusa fronteira entre poesía e música sen mapas, nin guías, pero con todo o sentimento da aventura, combinando ámbalas dúas de todas as formas que se lles ocorren e algunha outra que se lle va das mans.

O resultado é unha selección de temas onde diferentes estilos como o rock, soul, funk, gipsy, balkan e moitos outros se misturan con poemas tanto propios como clásicos en máis de vinte composicións propias que compoñen un espectáculo coidado para que o público baile, desfrute e, sobre todo, non pare de sentir como se lle move a pataca durante todo o concerto.

Poesía Canalla son Carlos A. Botana (voz), Diego Negro (guitarra), Irene Pin (baixo) e Mauro Rabanos (batería).

Poesía da que se pode bailar. Un concepto diferente. Unha pataca diferente.

Contratación

Carlos A. Botana
(+34) 655 287 036
carlos.botana@gmail.com

Discografía

Poesía Canalla

POESÍA CANALLA

2018, Poesía Canalla

Vídeos

Ciudad Sin Sueño

POESÍA CANALLA

Tal vez tamén che gusten