• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Habitación Vudú

Falar dos irmáns Freiría, Justo e Jose, é falar de música. Os seus inicios remóntanse á súa xuventude, cando esta arte comezou a ocupar un lugar relevante nas súas vidas.

Na primavera de 2015 gravan o seu primeiro LP, “Flores Falsas” (Audiomatic, 2015), en Esteroarte Estudios (Vigo) coa produción de Luis Antelo e a colaboración do recoñecido músico Pablo Novoa, entre outros.

No verán de 2016, Habtación Vudú consegue consolidar a súa traxectoria ao formar parte do cartel do festival Cultura Quente de Caldas de Reis (Pontevedra) e ser elixido para abrir o concerto de The Gift en Montalegre (Portugal).

En 2017, a xira presentación de “Flores Falsas” continúa por todo o país; entre concerto e concerto, o grupo aproveita para levar a cabo gravacións en varias sesións de estudio, repetindo o mesmo combo do seu debut e dando forma ao novo traballo de Habitación Vudú, “En el Aire” (2018).

O primeiro adianto deste disco é “La Estafa”, xunto a un videoclip homónimo, e un segundo single, “La Montaña”, ambos dispoñibles en todas as plataformas dixitais.

HV comezou a súa xira presentación como parte do festival coa mellor música independente nacional e internacional do momento, PortAmérica, no verán de 2018, compartindo cartel con artistas do talle de Izal, Vetusta Morla ou Xoel López.

Actualmente atópanse presentando “En el Aire” en directo, xira que durará todo o 2019.

Contratación

Escena Sonora
Jose Freiria
(+34) 659 915 745 - (+34) 696 438 082
contacto@escenasonora.com

Discografía

En el Aire

HABITACIÓN VUDÚ

2018, Habitación Vudú

Flores falsas

HABITACIÓN VUDÚ

2015, Audiomatic

Vídeos

La Estafa

HABITACIÓN VUDÚ

Flores Falsas

HABITACIÓN VUDÚ

Tal vez tamén che gusten