• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
You dog!!

You dog!! é unha banda de Vigo formada en 2009, que se move no rock alternativo, tocando un amplo espectro de sons dentro deste.

Un rock orgánico, cru e poderoso que, alleo ás tendencias, se forxou desde a súa creación a través de innumerables directos. O medio natural da banda é o directo.

Ao longo de catro anos foise forxando un son carcterístico que levou á banda a abordar, en maio do 2014, a gravación do seu primeiro traballo, "You dog!!" (2014). Este traballo autoeditado faise posible grazas a unha campaña de crowdfunding, e ve a luz o 25 de outubro do mesmo ano. Neste breve percorrido no tempo, non deixou de reportar grandes críticas en diferentes medios estatais.

Logo dunha xira de dous anos co seu primeiro traballo, deciden facer un parón para encerrarse a traballar en material novo. Deste período de creación nace o seu segundo álbume de estudio, "Before the Coma" (2017). Un disco máis denso e madurado, tanto nas formas como no son, que foi grabado e mesturado nos estudios Estereoarte de Vigo, masterizado nos Golden Mastering de California por JJ Golden, que conta entre os seus traballos con bandas coma Soundgarden ou Calexico.

Contratación

Juan Domínguez/Miguel Estévez
(+34) 684 023 589 - (+34) 658 582 029
youdogcontacto@gmail.com

Discografía

Before the Coma

YOU DOG!!

2017, Autoeditado

You dog!!

YOU DOG!!

2014, You dog!!

Vídeos

The Battle of the Good Men

YOU DOG!!

Hole

YOU DOG!!

Tal vez tamén che gusten