• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Denis Carballás

Denis Carballás (The Riggos, Sniff & Crash) é un músico vigués. Desde moi pequeno escoita as cancións que lle poñían os seus pais e o seu entusiasmo pola música crece cada vez máis. Non sabía de onde viñan todos eses sons ata que descobre a guitarra e, con 8 anos, matricúlase no CMUS Vigo, no que aguanta soamente tres anos, non lle gustaba a teoría nin as paredes grises do edificio!

O seu camino a seguir desde entón é escoitar música e intentar imitala, deste xeito descobre unha morea de músicos e cancións que admira. O seguinte paso lóxico era compoñer, así pasa por bandas coma Brainwave (2011-2013) ou Beethoven Rollers (2012-2016). Compón, ademais, bandas sonoras para webseries ou curtametraxes como “Fume” (Alejandro Rodríguez, 2016), “Agora, Ti” (Claudia Alonso, Alejandro Rodríguez, 2017) ou “Cando mamá pechou as caixas” (Arancha Brandón, 2018).

Actualmente, ademais de tocar en The Riggos, Nítido e Sniff & Crash, Carballás comezou unha nova aventura en solitario. Ao longo de 2018, encerrado na súa habitación, fai cancións que publica aos poucos nas redes, coa única pretensión de pasalo ben; pezas que engloban estilos variados: pop, blues, folk ou country, entre outros, e, ao mesmo tempo, relatan o percorrido dun ano de cambios e os sentimentos acordes a este desenvolvemento.

En marzo de 2019 estrea o seu primeiro disco en solitario, "Memoria" (2019), unha viaxe de ida y volta mental a través de 14 cancións.

Contratación

Estudios Centrales de Mi Habitación
Denis Carballás
665 210 490
deniscarballas@hotmail.com

Discografía

Memoria

DENIS CARBALLÁS

2019, Estudios Centrales de Mi Habitación

Vecindario (EP)

DENIS CARBALLÁS

2019, Estudios Centrales de Mi Habitación

Viejos y nuevos azules

DENIS CARBALLÁS

2018, Estudios Centrales de Mi Habitación

Cando mamá pechou as caixas (Banda Sonora)

DENIS CARBALLÁS

2018, Estudios Centrales de Mi Habitación

La navidad de un fotosensible

DENIS CARBALLÁS

2018, Estudios Centrales de Mi Habitación

Agora, ti (Banda Sonora)

DENIS CARBALLÁS

2017, Estudios Centrales de Mi Habitación

Vídeos

Río

DENIS CARBALLÁS

Memoria (Directo)

DENIS CARBALLÁS

Contando Ovejas (Directo)

DENIS CARBALLÁS

Hawaii

DENIS

Aire

DENIS

Tic Tac

DENIS

Tal vez tamén che gusten