• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Canto de Andar o Camiño

NELSON QUINTEIRO

CANTO DE ANDAR O CAMIÑO.
Do disco "Orquesta Gharbo!" de Nelson Quinteiro.
Seleccionado na sección oficial do Festival Primavera de Cine de Vigo 2014
2014, 03:21 min (Galego), gravado en Montealto (A Coruña)

Guión: Nelson Quinteiro
Fotografía: Diego Jiménez e Raquel Pedreira
Son: Diego Jiménez e Raquel Pedreira
Montaxe: Diego Jiménez e Raquel Pedreira
Música: Nelson Quinteiro
Productora: Tutanpancho Producciones

Videoclip do tema “Canto de andar o camiño” que abre o disco “Orquesta Gharbo!” de Nelson Quinteiro. Quizais o vídeo debería titularse “Entre Cicloxéneses”, porque de verdade que foi unha odisea atopar dúas horas de tregua entre borrasca e borrasca, a golpe de 1 de febreiro, no coruñés barrio de Montealto, que ate desfrutou por uns momentos dunhas inéditas raiolas de sol. A montaxe quere ser unha homenaxe a un dos barrios urbanos máis dinámicos do país, e no que Nelson Quinteiro residíu nos últimos dez anos. A súas xentes. Os seus locais, a súa impronta e dinamismo. O seu “Gharbo!”

Reparto: Nelson Quinteiro, Maria López (Faltriqueira), Alex Lorenzo (guitarras), Fran Castro (teclado, baixo), Marcos Aboal Vázquez (zendrum) e a colaboración especial de actrices e dinamizadores como María Manero, María Polo, Davinia, Olaia Otero, Rebe Vázquez Castro ou Koldo Gomila.

Máis vídeos de Nelson Quinteiro

BRANCAS. Itinerario Escénico Urbano

NELSON QUINTEIRO

A MAROLA. Fragmento do espectáculo Gharbo!

NELSON QUINTEIRO

BALDAIO. Fragmento do espectáculo GHARBO!

NELSON QUINTEIRO

GHARBO! Making OFF

NELSON QUINTEIRO

TANGO DA ILLA. Fragmento do espectáculo Gharbo! en co-producción co Centro Coreográfico Galego

NELSON QUINTEIRO

Nelson Quinteiro presenta no programa Zig Zag (TVG) o disco

NELSON QUINTEIRO

Haize Hegoa

NELSON QUINTEIRO

As Mans Perdidas

NELSON QUINTEIRO