• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Xota do Norte

NELSON QUINTEIRO & BRAIS GONZÁLEZ

Videoclip realizado dentro do programa #aculturasegue Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19 da Xunta de Galicia.

O vindeiro 22 de novembro de 2020, Día Internacional do Músico lanzaremos o seguinte videoclip do disco "Músicas de Domingo", segundo traballo discográfico de Nelson Quinteiro xunto a Brais González.

A proposta é unha peza de video-danza realizada por Pio Cribeiro como un "shinrin yoku" ou "baño de bosque" na que os integrantes da Compañía Nelson Quinteiro se mergullaron nun piñeiral centenario para deixarse mecer nunha montaxe na que o simbolismo e a cor se recrean nunha mensaxe ecoloxista e de volta á natureza.

Cunha peza musical que foi nominada na categoría de "Mellor Adaptación dun Tema Tradicional" nos XIX Premios Opinión de Músicas de Raíz, o resultado é suxerente, evocador e moi visual.

Con Iván Davila, María Cordeiro, Laura Casás, Yohel Santos, Manuel Albariñas e Nelson Quinteiro no movemento e expresión.

Agardamos que o desfrutedes!

Máis vídeos de Nelson Quinteiro

Nun Bou

NELSON QUINTEIRO & BRAIS GONZÁLEZ

O PAXARO Making Sounds by Dani López

NELSON QUINTEIRO, BRAIS GONZÁLEZ

GHARBO! Making OFF

NELSON QUINTEIRO

Nelson Quinteiro presenta no programa Zig Zag (TVG) o disco

NELSON QUINTEIRO

Canto de Andar o Camiño

NELSON QUINTEIRO