• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Viaje por Kallaikía

EFRAÍM DÍAZ

Esta obra é para multipercusión e cd, é unha viaxe, un paseo por Galicia, por cada unha das catro provincias, representando tamén a viaxe propia interior de cada intérprete.

O uso de paisaxes sonoras misturadas cos sons tradicionais das percusións galegas cunha linguaxe contemporánea, xunto cun uso opcional de imaxes e vídeo para acentuar as emocións trasladan ao oínte no tempo e no espazo espertándolle todo tipo de emocións e sensacións.

A obra ten 4 movementos ligados nos que hai unha base con paisaxes sonoras. Para a súa posta en escena pódese acadar a base feita polo compositor enviando un e-mail a efraimpercu@hotmail.com, pero se recomenda facer a propia base xa que é unha obra totalmente aleatoria con moi pequenas pautas.

A instrumentación é totalmente libre pero se recomenda usar tamén instrumentos tradicionais galegos, bombo, taboril, cuncas, pandeireta, aixadas... calquera instrumento ou dispositivo que poda ser usado para producir efectos ou sons desexables, tamén pode ser engadido.

Esta obra dá nome ao CD "Viaje por Kallaikía" editado pola Fundación Caixa Galicia, grazas a unha bolsa de "Primeira Obra 2008".

Máis vídeos de Efraím Díaz

O Bosque do Asubiador

EFRAÍM DÍAZ, BANDA SINFÓNICA MUNICIPAL DE MÚSICA DE A CORUÑA (DIRIXE ANDRÉS VALERO-CASTELLS)

Teaser disco

EFRAÍM DÍAZ

Primeira gravación dun Pito Galego Tenor en RE

EFRAÍM DÍAZ

11S01

EFRAÍM DÍAZ

Cabaliño de mar

EFRAÍM DÍAZ

Potafro

EFRAÍM DÍAZ

BRAZZIL

EFRAÍM DÍAZ

Snare Drumminal 1, 2, 3, 4

EFRAÍM DÍAZ, MARCO DÍAZ

Lorient 1992

EFRAÍM DÍAZ