• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Efraím Díaz

Efraím Díaz (Lugo, 1980) inicia dende os 8 anos os seus estudos de gaita galega, frauta e percusión galega co seu pai Cándido Díaz baixo a agrupación Zuncurrundullo de Castroverde.

Titulado Superior na Especialidade de Percusión, estudou no Conservatorio Superior de Música da Coruña, coa profesora Piar García, obtendo no seu concerto Fin de Carreira a cualificación de Matrícula de Honra. É tamén Titulado Profesional na Especialidade de Gaita, polo Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, co profesor David Bellas.

Recibiu clases de percusionistas como Eric Sammut, Markus Leosson, Philippe Spiesser, Igor Lesnik, Ludwig Albert, Chin Cheng Lin, N.J. Zivkovick, Beverley Johnston ou Jean Geoffroy, entre outros.

Exerceu o seu labor docente en diversas Escolas de Música, como as de Sada, Sarria, Guitiriz e nos Conservatorios Profesionais de Villalba, Ferrol, Melide, Monforte e Superior da Coruña. Actualmente exerce como docente na Escola Municipal de Música de Lugo.

Durante o ano 2008 obtivo unha bolsa da Fundación Caixa Galicia "Bolsa para primeira obra". Froito desta bolsa é o seu primeiro cd como percusionista solista en solitaria "Viaxe por Kallaikía".

Actualmente é membro do grupo Coventina, da Banda Municipal de Música e está a traballar na recuperación do Pito Pastoril Galego no proxecto Pitanfona (Dúo Pito Pastoril-Zanfona) e como solista.

Contratación

Efraím Díaz
(+34) 670 531 572
jaboncito@gmail.com

Discografía

Pito Galego

EFRAÍM DÍAZ

2015, Autoedición

Viaje por Kallaikía

EFRAÍM DÍAZ

2008, Escóitame

Vídeos

Teaser disco

EFRAÍM DÍAZ

Primeira gravación dun Pito Galego Tenor en RE

EFRAÍM DÍAZ

Viaje por Kallaikía

EFRAÍM DÍAZ

11S01

EFRAÍM DÍAZ

Cabaliño de mar

EFRAÍM DÍAZ

Potafro

EFRAÍM DÍAZ

Tal vez tamén che gusten