Vídeos
Polvo y Escarcha
RODRIGO RAMOS
Tras estrealo nos programas de Radio3 "Disco Grande" e "Hoy Empieza Todo" e na web Ruta66, xa está dispoñible para todo o mundo "Polvo y Escarcha", o novo single con videoclip do músico galego Rodrigo Ramos. Nel mostra o seu carácter máis desenfadado en canto a son e actitude, cun estilo próximo ao indie, ao ar británico dos 80 e ao pop-rock en castelán.Unha canción na que a voz mantén a súa calidez habitual, sumándose a esta ecuación unha liña de sintetizador evocadora, que flúe por enriba dunha base rítmica de batería e baixo moi contrastados, que xunto ás guitarras eléctricas crean un son moi suxerente. Un tema capaz de enganchar e chegar a todo tipo de públicos, cun videoclip moi cuidado.
Máis vídeos de Rodrigo Ramos