• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Rodrigo Ramos

Rodrigo Ramos é un músico e compositor galego que, logo de máis dunha década formando parte de distintas formacións sento a voz e o principal compositor, en 2015 decide emprender un novo proxecto en solitario no que puidera expoñer todas as súas influencias musicais e canalizarlas nun son único e persoal, apoiado pola súa característica voz e unhas letras íntimas e sorbordadas de personalidade.

Coa publicación de “Mirabas Almas” (MMM Music, 2017), o seu álbum debut, Ramos abre un amplo abano, xa que como autor de cancións non ten complexos e as mesmas acaban cobrando vida ao dotalas de distintos estilos e sonoridades. O disco axunta, ao longo dos 10 temas que o conforman, unha especial simbiose entre a alegría das súas melodías e a crueza de sus letras, case como un antollo auditivo, camuflando realidades. En canto a sons, Rodrigo arríscase a xogar co folk, pop e rock ao seu antollo, deixando que as propias letras decidan que e como queren vestirse á hora de presentarse ante o público.

Gravado nos estudios Planta Sónica (Vigo), coa produción de Pancho Suárez de Lis entre maio e xullo de 2016, neste traballo o artista contou con músicos de dilatada experiencia: Nacho Dafonte (batería), Cristian Durán (baixo) e Javier Miranda (guitarra), ademais de Villanueva, Bëlop, Eladio y Los Seres Queridos ou Presumido.

Contratación

Rodrigo Ramos
676 905 244
rodrigoramosgzl@gmail.com

Discografía

Mirabas Almas

RODRIGO RAMOS

2017, MMM Music

Vídeos

James Dean

RODRIGO RAMOS

Dulce Mentira

RODRIGO RAMOS

Tal vez tamén che gusten