• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Revenidas

Revenidas

Que son As Revenidas? Para comezar son: sardiñas salgadas e asadas na grella. Entón, estamos falando dunha festa gastronómica? En Galicia todas o son, pero neste caso, tras dez anos de traballo e aposta pola calidade, As Revenidas convertéronse en moito máis ca iso, sen menosprezar a sardiñada que congrega ao redor do parque a centos de persoas para disfrutar en familia da festa.

As Revenidas xa é unha cita anual imprescindible no calendario dos festivais galegos. Ao lado do mar, no pobo mariñeiro de Vilaxoán, reúnense cada mes de xullo artistas de dentro e de fóra, unidos por sons mestizos á vez que de marcado carácter popular. Artistas que acompañan e promoven a festa, e reivindican a cultura e o espazo público como patrimonio dos cidadáns.

Inglés, galego, castelán, euskera… todas as linguas teñen cabida neste encontro, que ademais de música tamén ten espazo para expresións artísticas como o teatro, o circo, a maxia…

Revenidas 2013 contou con máis de 20 grupos, tanto de dentro como de fóra de Galicia, que fixeron dos días 18, 19, 20 de xullo unha gran festa. Os concertos das dúas últimas xornadas foron de pago, pero o resto de actividades que tiveron lugar durante as tardes dos tres días foron de balde, incluídos os concertos do día 18.

O festival ten acondicionadas dúas zonas de acampada, que dispoñen de baños, duchas e servizo de limpeza. Preto das tendas está a praia e a menos de 15 minutos camiñando atópase o centro de Vilagarcía de Arousa.

Promotores: AIRAPRO

Ano de creación: 2003

Periocidade: Anual

Duración: Catro días

Lugar de celebración: Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa

Datas aproximadas de celebración: 18-20 de agosto

Tal vez tamén che gusten