• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra

Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra

Festival internacional de música celebrado nas rúas e prazas da Zona Monumental de Pontevedra, con periodicidade anual, na segunda metade do mes de xullo. Ten carácter gratuíto e nel teñen cabida artistas de jazz, blues e xéneros relacionados, como o rhythm&blues e o soul.

Os concertos desenvólvense nas prazas do Teucro (que foi a primeira sé do festival) e da Ferraría (que acolle actualmente o programa principal). Ademais hai actuacións itinerantes polas rúas, “jam sessions” e actividades docentes con talleres nos que colaboran músicos invitados e do país.

Neste festival préstaselle unha atención especial aos músicos galegos, que participan tanto no programa de concertos das dúas prazas sés do Festival, as "jam sessions" e a música polas rúa, como nos “workshops”.

Promotores: Concello de Pontevedra

Ano de creación: 1993

Periocidade: Anual

Duración: 1 semana

Lugar de celebración: Pontevedra

Datas aproximadas de celebración: 20-24 de xullo 2022

Tal vez tamén che gusten